O Roteiro Maker é unha iniciativa que trata de achegar a ciencia e a tecnoloxía a zonas rurais e semirurais de Galicia, ofrecendo diferentes obradoiros para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido.

Ademais o seu interior estará equipado coma un Maker Space para que calquera persoa interesada poida visitalo, ver o equipamento e asesorarse en relación ás distintas ferramentas e tecnoloxías que utilizamos.

O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros. A diversión está aseguradas nestas experiencias únicas de aprendizaxe!

As temáticas que tratamos nos obradoiros son as seguintes:

  • Deseño e impresión 3D
  • Electrónica básica
  • Programación
  • Robótica
  • Realidade Aumentada
  • Realidade Virtual