Skip to content
InstagramTwitterFacebook
881251572|roteiromaker@gmail.com
Roteiro Maker Logo
  • Inicio
  • Roteiro Maker
  • Sobre nós
  • Servizos
Roteiro MakerAdmin2020-02-12T18:00:08+00:00
  • roteiro_maker_señora_robotica
  • roteiro_maker_intergeneracional
  • roteiro_maker_moita_xente
  • roteiro_maker_area_central

Que é o proxecto Roteiro Maker?

Roteiro Maker é unha iniciativa que trata de achegar a ciencia e a tecnoloxía a zonas rurais e semirurais de Galicia, para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido. Trátase dun vehículo tipo camioneta adecuado para levar a cabo diferentes actividades. No seu interior, seguindo coa estética maker, atópanse diferentes seccións coas estacións interactivas de coñecemento e as distintas tecnoloxías que poden ser utilizadas durante as paradas. Ademais, durante ditas paradas colocaránse no exterior varias mesas para poder chegar a un maior número de persoas.

Os obxectivos do proxecto son os seguintes:

  • Achegar o coñecemento científico e tecnolóxico ás zonas rurais e semirurais de forma cercana e divertida, simplificando a comprensión de fenómenos e conceptos complexos do día a día para facelos accesibles ao maior número de persoas posibles.
  • Dar a coñocer o Movemento Maker e a filosofía “Do it yourself”, creando unha contorna de creación de proxectos de maneira creativa, sostible e colaborativa.
  • Potenciar a creatividade e a innovación xerando un espazo onde se estimule a curiosidade e o interés pola ciencia e a tecnoloxía.
  • maker_faire_galicia_roteiro

Por que o proxecto Roteiro Maker?

A iniciativa xorde seguindo o auxe da Maker Faire Galicia, que celebrou no 2019 a súa quinta edición consolidándose como a máis importante da península. O principal valor da Maker Faire Galicia, e gran parte do seu éxito, débese a ampla visión que otorga o concepto de Maker, así como a calidade de proxectos que se presentan, dos que xa se fixeron eco distintos medios a nivel internacional. Durante as 5 edicións do evento en Santiago de Compostela acudiron máis de 50.000 asistentes, o que deixa patente o interese da sociedade galega polo mundo da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

O Roteiro Maker pretende achegar estes coñecementos a zonas de difícil acceso e, dun xeito divertido e innovador, atraer ás persoas de diferentes colectivos e idades a participar nos diferentes obradoiros. Para levar a cabo esta tarefa de divulgación escolleuse un formato innovador en España, unha camioneta altamente equipada para recorrer os disntitos municipios promovendo a participación activa da cidadanía en eventos científico-tecnolóxicos dun xeito moi práctico e a pé de rúa.

Que é un Maker?

Maker ou facedor é unha persoa que une o coñecemento técnico cun alto potencial creativo, o que lle permite ter unha gran capacidade de resolución de problemas e xerar innovación.

Durante toda a historia da humanidade sempre houbo grandes Makers, pero a día de hoxe, e grazas á tecnoloxía, os proxectos compártense na rede con Makers de todo o mundo, permitindo unha innovacion moito máis áxil. Deste xeito xurdiu un movemento moi potente a nivel global que se coñece como Movemento Maker.

Este movemento baséase na cultura do «Do It Yourself» e a aplicación dos principios do software libre e a fabricación. Dita fabricación democratizouse pasando das grandes empresas ao usuario medio, todo grazas á aparición de espazos como FabLabs, HackerSpaces ou MakerSpaces e ao coñecemento compartido xerado en redes.

  Aviso Legal e Política de Privacidade   Política de Cookies
InstagramTwitterFacebook

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos ou desactivarlas nos axustes.

Roteiro Maker
Resumo de privacidad

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Cookies estrictamente necesarias

As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.

Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.

Cookies de terceiros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.

Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.

Tamén usamos o Pixel de Facebook para optimizar as campañas de publicidade.

Por favor, activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!