Obradoiros
Grazas ao noso equipo de profesionais desenvolvemos obradoiros interdisciplinares que se converten en experiencias de aprendizaxe únicas. A nosa oferta renóvase e amplíase de forma constante, en contacto permanente coas últimas innovacións en cada un dos ámbitos que abarcamos. En Galicia xa máis de 3000 nenos/as desfrutaron e aprenderon coas nosas actividades e obradorios.
A nosa oferta
Deseño e impresión 3D
Nesta estación os/as nenos e nenas aprenderán todo sobre impresión 3D, tanto software como hardware.
Primeiro farán os seus deseños, dende a ideación do mesmo ata o seu desenvolvemento, ensinándolles software de modelado 3D gratuíto co que poderán levar a cabo as súas creacións dunha maneira sinxela. A continuación comprenderán como traballan as impresoras 3D e poderán ver como é o seu funcionamento.
Electrónica básica
Nesta estación nenos e nenas poderán coñecer os conceptos básicos da electricidade dunha maneira sinxela, interactuando con pilas, leds, buzzers, pulsadores, conectores e plastilina condutiva.
Os/as máis maiores aprenderán conceptos máis avanzados de electrónica a través da creación de circuítos de prototipado con diferentes compoñentes. Sempre dende un punto de vista divertido e moi dinámico.
Programación
Nesta estación os nenos e nenas aprenderán a lóxica da programación, traballando a través de divertidos algoritmos. Ensinaranse os conceptos básicos de Scratch aos máis pequenos/as e Arduino para os participantes máis avanzados.
A través destas ferramentas gratuítas desenvolverán as súas ideas, dende videoxogos ata pequenos proxectos de domótica, robótica, etc.
Robótica
Nesta estación os nenos e nenas aprenderán robótica a través da utilización de diferentes ferramentas como Escornabots, Ozobots, Starter Kits ou Mbots. Desfrutarán levando a cabo a súa montaxe e a posterior programación, incluso crearán os seus propios robots utilizando materiais de refugallo e diferentes compoñentes electrónicos.
Ao igual que no resto de estacións do Roteiro Maker os/as particiantes traballarán a partir das súas propias ideas, a creatividade será clave para elaborar os seus propios robots ou as diferentes modificacións para robots xa existentes.
Realidade Aumentada
Nesta estación os nenos e nenas practicarán a arte de contar historias (Storytelling) utilizando realidade aumentada. Crearán as súas propias aplicacións e converteránse nos/as protagonistas das súas propias historias e enigmas.
Unha experiencia chea de fantasía onde o mundo real e virtual convivirán nunha contorna de creatividade.
Realidade Virtual
Nesta estación os nenos e nenas vivirán en primeira persoa escenarios divertidos e educativos usando as aplicacións e a tecnoloxía máis novedosas de realidade virtual. Tamén aprenderán o funcionamento desta tecnoloxía e construirán as súas propias lentes de realidade virtual que poderán levar para casa.